Sobre o CNI
Controis
do CNI
O CNI, como calquera organismo do Estado, está suxeito a controis políticos e económicos-administrativos. O primeiro é exercido polo Goberno, a través da Comisión Delegada de Asuntos de Intelixencia, e polo Congreso dos Deputados, no marco da Comisión de Control de Crédito para Gastos Reservados; o segundo lévao a cabo a Intervención Xeral do Estado, o Tribunal de Contas e, de novo, o Congreso
A estes controis súmanse o sistema xudicial, que é clave para o funcionamento do Centro e é excepcional dentro da Administración. A existencia da Lei Orgánica Reguladora do Control Xudicial Previo do CNI e a súa estrita aplicación fan difícil atopar un sistema que ofreza máis garantías aos cidadáns de que ningunha das actividades realizadas polo seu Servizo de Intelixencia se execute á marxe da legalidade
Control político
Cada ano, o Goberno fixa os obxectivos aos que debe adicar o seu esforzó o CNI. Para iso, a Comisión Delegada de Asuntos de Intelixencia (CDGAI) propón ao Presidente do Goberno os obxectivos anuais do CNI e recólleos na Directiva de Intelixencia. Esta Comisión tamén é responsable do seguimento e avaliación periódica do desenvolvemento dos obxectivos establecidos na Directiva.
Control parlamentario
O CNI somete ao coñecemento do Congreso dos Deputados, a través da comisión que controla os créditos destinados a gastos reservados, a información adecuada sobre o seu funcionamento e as súas actividades. Esta Comisión coñece os obxectivos de intelixencia establecidos anualmente polo Goberno e o informe que, tamén con carácter anual, elabora o CNI para avaliar as súas actividades, a situación e o grao de cumprimento dos obxectivos sinalados para o período anterior. Os membros desta comisión son os mesmos que teñen coñecemento dos segredos oficiais, polo que, coloquialmente, os medios de comunicación refírense a ela como "a Comisión de Segredos Oficiais".
Control económico
Anualmente, a Ley de Orzamentos Xerais do Estado establece as partidas para gastos reservados, incluídos os fondos orzados para o CNI. Pódese considerar que esta asignación é un control previo, xa que estes fondos son os que limitan o desenvolvemento das actividades do Servizo. O CNI ten asignado un interventor delegado da Intervención Xeral da Administración do Estado que leva a cabo un control financeiro permanente, comprobando que cumpre coa normativa e que se axusta aos principios de boa xestión, estabilidade orzamentaria e equilibrio financeiro. Tamén debe auditar e aprobar as contas anuais do CNI antes de poñelas a disposición do Tribunal de Contas.
Control xudicial previo
Cando, para cumprir coa Directiva de Intelixencia, o CNI debe levar a cabo actividades nas que poidan verse afectados os dereitos recollidos nos apartado 2 e 3 do artigo 18 da Constitución (inviolabilidade do domicilio e segredo das comunicacións), o Secretario de Estado solicitará a autorización previa dun maxistrado de control do Tribunal Supremo.