Aviso legal
-
O acceso a calquera contido ou servizo albergado nos enderezos electrónicas www.cni.gob.es e www.cni.es (no sucesivo designados conxuntamente como "o portal") require obrigatoriamente a aceptación previa das condicións detalladas neste aviso legal e nas seguintes definicións:
- Usuario: Persoa que remite datos de calquera índole a través do portal de internet ou navega polos seus contidos e servizos mediante unha rede de telecomunicacións.
- Portal de internet: De acordo co artigo 39 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público (no sucesivo "Ley 40/15”), é o punto de acceso electrónico cuxa titularidade corresponde ó Centro Nacional de Intelixencia (no sucesivo "CNI") e que permite ao usuario acceder a través de internet á información e ós servizos (no sucesivo designados conxuntamente como “os contidos”) albergados nos dominios electrónicos www.cni.gob.es e www.cni.es e os seus subdominios.
- Sede electrónica: Conforme ó artigo 38 da Lei 40/15, é o enderezo electrónico propiedade do CNI, instaurada en virtude da Resolución 1A0/38263/2010, de 1 de decembro, do Centro Nacional de Intelixencia, pola que se crea a sede electrónica do Centro Nacional Intelixencia, que permite ós cidadáns acceder, mediante unha rede de telecomunicacións, ós servizos, informacións e transaccións que o CNI publica ou pon a disposición do usuario mediante o uso de firma ou certificado electrónico ou medios análogos de identificación persoal.
- Registro electrónico xeral: En virtude do artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedimiento Administrativo Común das Administracións Públicas (no sucesivo “Lei 39/15”) é a canle electrónica que o CNI pon a disposición do usuario para efectuar a presentación e asento de todo documento que sexa presentado por vía electrónica ante o CNI.
- Nos artigos 38, 39 e disposición adicional decimo oitava da Lei 40/15 e no artigo 16 da Lei 39/15, sinálase que son propiedade do CNI o Portal, os contidos albergados dentro dos dominios de internet www.cni.es e ww.cni.gob.es, os seus dereitos de propiedade intelectual e industrial e a titularidade dos devanditos dominios e subdominios.
- A efectos do exixido polo artigo 16.1 da Lei 39/15, maniféstase que o CNI —con CIF S2830132C e domicilio social na avenida Padre Huidobro 14, 28023 Madrid, España— é un organismo público con consideración de Administración pública conforme ó establecido no artigo 2.3 da Lei 40/15 en relación co Artigo 7.2 da Lei 11/2002, de 6 de maio, reguladora do Centro Nacional de Intelixencia.
- O uso do portal ou de calquera dos seus contidos ou servizos, así como ó discernimento xurídico de cantas incidencias e responsabilidades se deriven do devandito uso seralle aplicable a lei española con expresa exclusión da que correspondese a calquera outro foro. A navegación ou acceso ó portal ou a calquera das súas partes, contidos ou elementos esixe a renuncia manifesta a calquera outro foro que poida corresponder ó usuario.
- O uso, reprodución total ou parcial, distribución, comunicación pública, posta a disposición total o parcial dos contidos que se atopen dentro do portal, a súa transformación, tradución, adaptación ou calquera outra actividade similar quedan supeditados á autorización previa e escrita expedida a tal fin por parte do CNI.
- O CNI resérvase o dereito a denegar discrecionalmente o acceso a calquera usuario, así como a realizar cambios de calquera clase e amplitude no portal sen necesidade de previo aviso ou consentimento.
- O CNI resérvase o dereito a restrinxir ou impedir a tramitación daquelas solicitudes ou peticións feitas en uso ilegal, abusivo ou arbitrario dos servizos do portal.
- O usuario deberá revisar e aceptar as condicións e termos que se recollen no presente aviso cada vez que acceda ó portal.
- La non aceptación dos termos e condicións legais establecidos neste aviso legal implica a prohibición expresa e inmediata de acceso ó portal ou do seu uso.