Accesibilidade
O portal do Centro Nacional de Intelixencia foi deseñado co obxectivo de que todas as persoas poidan navegar polos seus contidos sen atopar dificultades no acceso.
A política de accesibilidade aplicada polo Centro Nacional de Intelixencia está conforme coas exixencias do Real Decreto 1494/2007, de 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.
As páxinas deste sitio web cumpren a marca AA segundo a Norma UNE 139803:2012 e as Directrices de Accesibilidade ó Contido Web 2.0 (WCAG 2.0) pola Iniciativa de Accesibilidade Web (WAI) do World Wide Web Consortium (W3C). Todos os requisitos do Nivel A e do Nivel AA foron comprobados e corrixidos mediante unha análise semiautomática da accesibilidade a través de diferentes ferramentas.
A última revisión de accesibilidade deste portal realizouse o 30/05/2022.
Se atopas algún tipo de dificultade de accesibilidade ou usabilidade na túa visita ó portal do Centro Nacional de Intelixencia ou queres facernos algunha suxestión o respecto, podes contactar connosco mediante o seguinte formulario de contacto. A túa experiencia persoal pode contribuír de forma importante na progresiva mellora do portal.