Mundo CNI

Academia
de intelixencia

A formación é unha das ferramentas que utilizan as organizacións para abordar a complexidade e a incerteza do século XXI. Para iso contamos cunha Academia de Intelixencia responsable de formar a tódolos seus membros e proporcionarlles un coñecemento adecuado en valores, innovador e adaptado ao cambio ao longo da súa vida profesional. Buscamos formar profesionais técnicamente competentes e éticamente responsables.

A Academia traballa en tres grandes liñas: formación corporativa, formación externa e innovación.

Innovación

A Academia, como calquera organismo responsable do coñecemento, inclúe entre as súas funcións promover e apoiar a innovación e dirixir a investigación no eido da intelixencia.

É, a súa vez, responsable da transferencia de coñecemento da organización e de contribuír á mellora constante e á aplicación das mellores prácticas.

Formación Corporativa

O CNI desenvolveu un sistema propio de ensino que complementa e potencia a formación e a experiencia previa dos seus profesionais.

A ensinanza está configurada como un sistema modular e unitario que garante a continuidade do proceso educativo. Os membros do CNI reciben formación no Centro e tamén en institucións académicas de excelencia para manter os seus coñecementos actualizados.

Formación externa

O CNI colabora e imparte formación de intelixencia ás Administracións públicas, universidades e institucións educativas, tanto nacionais como estranxeiras.

A Academia é un referente no campo da formación en intelixencia e contribúe á difusión do traballo do Centro Nacional de Intelixencia.

O CNI colabora con servizos de intelixencia estranxeiros no eido da formación, a través de intercambios de estudantes e a organización de exercicios e cursos conxuntos. Tamén se promove o intercambio cultural e as experiencias entre servizos para transmitir valores e identificar as mellores prácticas.

A Academia, como calquera organismo responsable do coñecemento, inclúe entre as súas funcións promover e apoiar a innovación e dirixir a investigación no eido da intelixencia.

É, a súa vez, responsable da transferencia de coñecemento da organización e de contribuír á mellora constante e á aplicación das mellores prácticas.