A nosa
forza é a
Intelixencia

Somos o

Centro Nacional

de Intelixencia

Estamos adscritos ao Ministerio de Defensa e colaboramos con distintos organismos da Administración, entre eles, as forzas e corpos de seguridade do Estado. Actuamos sempre baixo a supervisión e o control dos poderes executivo, lexislativo e xudicial.
Traballamos tódolos días para protexer á sociedade española dos diferentes tipos de ameazas. Tentamos anticiparnos á aparición desas ameazas, obtendo información e transformándoa en Intelixencia, co obxectivo de apoiar ás autoridades na toma de decisións.
Cremos que a Intelixencia é a mellor defensa da nosa sociedade
Mockup video inicio

“Apoiámonos na tecnoloxía, pero o noso activo máis valioso segue sendo o factor humano”

Non tiven un día igual a outro. As tarefas son diversas e motivadoras, e cada unha das persoas que formamos parte do CNI aportamos o noso grao de area para construír un muro infranqueable contra as ameazas que nos axexan.

Membro do CNI (TIC)

“Buscamos información onde sexa necesario e traballamos tódolos días para protexer o que máis importa ”

É certo que o custo persoal pode ser alto e que non foi unha vida fácil. Non é un traballo, é unha forma de vivir. Con todo, se volvese atrás, non dubidaría en volver a presentarme ás probas de acceso

Membro do CNI (Intelixencia Exterior)

“A intelixencia que elaboramos é clave para a toma de decisións”

No Departamento de Operativa valórase a innovación, o traballo en equipo e a dedicación. Xuntos non só afrontamos desafíos senón que os superamos. O sentido do éxito colectivo fai xurdir o mellor de cada persoa

Membro do CNI (operativo)

“Defendemos o noso modo de vida”

Durante o meu paso polo CNI tiven experiencias que non serían posibles en ningures. Coñecín xente incrible e viaxei a lugares que non tería ido se non fose membro dun servizo

Membro do CNI (Contraintelixencia)

“Dende o meu primeiro día no departamento de seguridade sabía que non sería un traballo común”

Cada día ofrece unha oportunidade para marcar a diferenza na vida dos compañeiros. A seguridade significa estar na primeira liña de defensa contra as ameazas, asegurando que o Centro poida cumprir a súa misión nun ambiente o máis seguro posible

Membro de CNI (Seguridade)

“Entrar no CNI foi máis que un cambio de traballo: foi un paso hacia un mundo cheo de oportunidades e xente fascinante”

Dende o primeiro día ata hoxe, cada día ensíname algo novo. É certo que ao principio o ambiente pode parecer abafante, e pódeste sentir moi soa, pero logo intégraste nunha organización, que se converte non so nun lugar de traballo: convértese nun lugar onde medrar, aprender e contribuír nun entorno de gran importancia

Membro do CNI (Secretaría de Estado)

“Sabemos moi ben que a paz e a seguridade non están garantidas”

O mundo é cada vez máis inseguro, pero os nosos valentes membros atópanse en lugares remotos, anticipándose as novas ameazas para protexer a quen depende de nós

Membro do CNI Contraterrorismo

“Entrar no CNI foi máis que un cambio de traballo: foi un paso hacia un mundo cheo de oportunidades e xente fascinante”

Dende o primeiro día ata hoxe, cada día ensíname algo novo. É certo que ao principio o ambiente pode parecer abafante, e pódeste sentir moi soa, pero logo intégraste nunha organización, que se converte non so nun lugar de traballo: convértese nun lugar onde medrar, aprender e contribuír nun entorno de gran importancia

Membro do CNI (Secretaría de Estado)

“Hai ameazas silenciosas, difíciles de percibir, que pouco a pouco van erosionando a sociedade”

Entre eles están os actores hostís que tentan adquirir os segredos políticos e económicos do noso país. No centro traballamos para evitalo. ¿É difícil? Moitas veces. ¿É sacrificado? Sí. ¿Estou satisfeito de ser membro do Centro? Sen dúbida. Estou convencido de que o que facemos é esencial e a satisfacción de aportar valor á humanidade non se pode describir con palabras.

Membro do CNI (Contraintelixencia)

Únete ao cni: Traballa connosco Envía a túa solicitude