Traballa connosco

Preguntas
frecuentes

Top3 preguntas máis repetidas

¿É imprescindible vivir en Madrid para poder optar ás ofertas de emprego dispoñibles?

Non é necesario. Sen embargo, hai que ter en conta que o proceso de formación inicial ten unha duración de 6 meses e debe realizarse dende a Sede do CNI (Madrid).

Se quero traballar no CNI pero non hai oferta que se axuste ao meu perfil, ¿envío a miña candidatura?

¡Por suposto! Sempre que cumpras cos requisitos mínimos xerais especificados, estaremos encantados de recibir a túa candidatura.

¿Debería ter experiencia previa para traballar no CNI?

Non. No CNI valoramos e contratamos única e exclusivamente polo talento e a vocación do usuario postulante. A experiencia é un engadido non requerido.

Preguntas frecuentes

¿Que é un servizo de intelixencia?

Un Servizo de Intelixencia é un organismo do Estado que obtén información por medios e procedementos propios coa finalidade de elaborar intelixencia para facilitar ás autoridades o proceso de toma de decisións.

¿Que é o CNI (Centro Nacional de Intelixencia)?

O Centro Nacional de Intelixencia ou CNI é o organismo público de España que traslada información, análises, estudos ou propostas ao Goberno da nación co obxectivo de previr e/ou evitar perigos, ameazas ou agresións contra a independencia ou a integridade territorial do país, así como os intereses e a estabilidade do Estado de dereito e as súas institucións.

¿Como traballar no CNI?

Para traballar no CNI é necesario que envíes o teu currículo a través da páxina web. Se consideramos que o teu perfil encaixa nalgun posto de traballo, contactaremos contigo para realizar un proceso de selección. Buscamos o teu talento, ¡Estamos na túa procura!

Estou pensando en traballar no CNI, pero non sei se o meu perfil encaixa co que a organización está a buscar.

O traballo dos Servizos de Intelixencia é desenvolvido por persoas de moi diversos perfís profesionais e coñecementos académicos. O que realmente tes que preguntar é:

  • ¿De verdade quero e estou disposto a servir ao meu país?
  • ¿Teño a preparación necesaria para facer fronte a días prolongados, con un alto nivel de esixencia?
  • ¿Non me preocupa que as peculiaridades do traballo interfiran na miña vida privada?
  • ¿Son unha persoa discreta, capaz de manter a confidencialidade necesaria no desempeño do meu traballo?

Xa rematei os meus estudos ou estou a piques de rematalos, e quixera saber se podo facer prácticas no CNI.

Na actualidada esta modalidade de traballo non está contemplada, aínda que somos conscientes do interese que xorde nos mozos que comezan as súas carreiras profesionais. Esperamos o teu CV para as nosas ofertas de traballo!

Se teño un novo título despois de enviar o meu CV, ¿teño que volver a envialo?

Se se producen cambios relevantes nos teus datos profesionais en relación coa túa formación académica ou experiencia, é importante que nos envíes o teu novo CV e a túa autocandidatura. Deste xeito, teremos unha visión máis actualizada do teu perfil e poderemos atopar ofertas que encaixan máis contigo.

¿En que consiste o proceso de selección?

Se te presentas a unha oferta dispoñible ou nos envías o teu CV e o teu perfil encaixa, o Departamento de Selección poñerase en contacto contigo e avaliará aspectos de personalidade e competencias. Terás que superar unha fase técnica relacionada co posto de traballo e polo menos unha entrevista persoal e obter unha habilitación de seguridade. En determinados postos será necesario superar unhas probas psicofísicas. ¡Envíanos a túa autocandidatura e comeza o proceso!

¿Que podo esperar da miña carreira no CNI?

O CNI é unha organización dinámica que ofrece aos seus membros a oportunidade de desenvolverse profesionalmente en diferentes ámbitos de coñecemento e de ter unha carreira estable e duradeira. O cambio e a adaptación ás novas realidades fan da formación permanente unha das nosas prioridades. Por outra parte, a posibilidade de traballar nun ambiente internacional está tamén aberta ao persoal do CNI.

Se supero o proceso de selección, ¿convértome en funcionario público?.

O CNI é unha institución pública do Estado que ten autonomía na xestión do seu persoal. Os seus membros están suxeitos a un estatuto de persoal específico que non os converte en funcionarios do Estado, senón en persoal estatutario do CNI.

¿Como obtén o CNI a información que utiliza?

O CNI obtén información de fontes humanas (HUMINT), fontes técnicas (SIGINT), imaxes e información xeográfica (GEOINT) e fontes abertas (OSINT). Tamén pode utilizar os procedementos de obtención propios que, nalgúns casos, están suxeitos a control xudicial previo. A cooperación, tanto coas forzas e corpos de seguridade do Estado como con outros servizos de intelixencia, é outra fonte esencial de información.

¿A quen informa o CNI?

O CNI é unha institución ao servizo do Estado e, por tanto, os principais destinatarios da intelixencia son o presidente do Goberno e o Goberno da nación. Con todo, cada informe de intelixencia remítese, en función do seu contido, a distintas autoridades do Goberno. Por outro lado, o CNI informa ocasionalmente ao Congreso, ao Senado, ás autoridades autonómicas e aos partidos políticos. O CNI tamén remite informes a outros servizos de intelixencia homólogos, no marco dos acordos de colaboración con eles e co obxectivo de facer fronte as ameazas globais.

¿En que se diferencia o CNI doutras entidades que realizan análises?

A labor dun Servizo de Intelixencia difire das realizadas polos medios de comunicación social e os centros de estudo tanto no tipo de información que manexa coma no grao de inmediatez dos informes que se elaboran.

A información manexada polos Servizos de Intelixencia non é pública e obtense por procedementos especiais, o que lle dá un gran valor engadido.

O Goberno espera que o Servizo lle proporcione a intelixencia necesaria para previr e evitar calquera risco ou ameaza que afecte á independencia e integridade de España, os intereses nacionais e a estabilidade do Estado de dereito e as súas institucións.

¿En que medida contribúe o CNI á seguridade nacional?

Os Servizos de Intelixencia e Información do Estado, de acordo co ámbito das súas competencias, apoian de forma permanente o Sistema de Seguridade Nacional, proporcionando elementos de xuicio, información, análises, estudos e propostas necesarios para previr e detectar os riscos e ameazas e contribuír á súa neutralización.

¿Como é a relación do CNI coa sociedade?

Nos últimos anos, o CNI modificou substancialmente a súa relación coa sociedade que é, de feito, o destinatario final do seu esforzo, xa que o Centro é unha ferramenta para garantir a súa seguridade e o seu benestar. A actividade do CNI, que por imperativo legal debe permanecer en segredo, proporciona un servizo á sociedade.

¿De quen depende o CNI?

O Centro Nacional de Intelixencia está adscrito organicamente ao Ministerio de Defensa, e a súa organización, réxime económico-orzamentario e de persoal, desenvólvese nun réxime de autonomía funcional baixo a figura de organismo público con personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar. Os obxectivos do centro son definidos polo Goberno e aprobados anualmente polo Consello de Ministros e reflíctense na Directiva de Intelixencia. O CNI actuará baixo os principios de eficacia, especialización e coordinación, de acordo cos obxectivos de Intelixencia definidos polo Goberno.

¿É posible coñecer en detalle as actividades do CNI?

As actividades, organización e persoal do Centro Nacional de Intelixencia constitúen información clasificada co grao de segredo.

¿Podo mandar a miña candidatura á CNI se non vivo en Madrid?.

A nosa sede central atópase en Madrid, pero poden surxir outras vacantes en varios puntos do Estado. Non dubides en facernos chegar a túa autocandidatura se estás interesado en formar parte do noso equipo; se temos unha vacante dispoñible no teu lugar de residencia, porémonos en contacto contigo.

Un Servicio de Inteligencia es un organismo del Estado que obtiene información por medios y procedimientos propios con el fin de elaborar Inteligencia para facilitar a las autoridades el proceso de toma de decisiones.