Image

Ir a la web del Ministerio de Defensa

Select your language

Ir a la web del Ministerio de Defensa

Sección criptológica

A seguridade das comunicacións sempre foi un elemento esencial no mundo da Intelixencia. A aparición da internet supuxo unha revolución neste ámbito, que levou á creación do Centro Criptológico Nacional; con todo, con anterioridade xa se utilizaban numerosos elementos de encriptado e desencriptado.

A sección criptológica do museo do Centro Nacional de Intelixencia, de acceso restrinxido, créase no ano 2015, co obxectivo de dar a coñecer a evolución dos sistemas de cifra que se utilizaron ó longo do século XX para garantir o segredo das comunicacións. Expóñense métodos de cifrado manuais empregados na Guerra Civil española e a Segunda Guerra Mundial; e métodos mecánicos, entre os que destacan distintos modelos de ENIGMA —desenvolvidos entre 1927 e 1932—, a máquina de cifra KRYHA e a súa versión de peto, ou máquinas da marca HAGELIN CRYPTOS da década dos 50.

Enlace a la web del Ministerio de Defensa
Logo CNI, Centro Nacional de Inteligencia