
Baixo a dirección do Goberno, que anualmente determina os obxectivos de información na Directiva de Intelixencia, o CNI desempeña as misións mediante a obtención de información que non se atopa nas canles tradicionais, tanto dentro como fora de España, utilizando os seus propios medios e procedementos.
Posteriormente sométese a un proceso de avaliación e análise para determinar se é fiable e de interese para os obxectivos establecidos polo Goberno. A información resultante recóllese e interprétase de modo que o producto final sexa útil para os responsables do proceso de toma de decisións. O producto final coñécese como Intelixencia.
A información obtida polo CNI e as análises posteriores remitense ó Presidente do Goberno e ós Ministros.Os Ministerios que normalmente reciben os informes elaborados polo Centro son os de Asuntos Exteriores e Cooperación, Defensa e Interior. O CNI tamén informa a outros departamentos dentro da Administración do Estado.
Cando o Servizo obtén información sobre calquera feito que requira unha acción inmediata ou que constitúa un delicto, informa, dependendo da natureza do asunto, ben ó Goberno –en apoio do proceso de toma de decisións- ou ben ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, para que estes tomen as medidas adecuadas.
Os membros do CNI non son axentes da autoridade, agás aqueles que se encargan da protección do personal e as instalacións do Centro.
O CNI é un organismo de apoio no proceso de toma de decisións e a súa misión termina alí onde comeza a doutros organismos estatais encargados das funcións de toma de decisións. Deste xeito, as accións baseadas nos seus informes non son responsabilidade do CNI.
