CNI-Centro Nacional de Inteligencia

Zona de cabecera

Zona de logotipos

Goberno de España – Ir ao Ministerio de Presidencia. Ábrese nunha fiestra nova
Páxina de inicio do Centro Nacional de Intelixencia

Elección de idioma, Menú superior y Zona de búsquedas

Zona de contenidos

Localizador

Inicio > Biografía do Secretario de Estado Director

Contenido principal

Biografía do Secretario de Estado Director

SECRETARIO DE ESTADO DIRECTOR DO CENTRO NACIONAL DE INTELIXENCIA
XENERAL DO EXÉRCITO (R)
FÉLIX SANZ ROLDÁN

O xeneral do Exército Félix Sanz Roldán, nado en Uclés (Cuenca) o 20 de xaneiro de 1945, foi nomeado polo Goberno de España (Real Decreto 1091/2009 de 3 de xullo) secretario de estado director do Centro Nacional de Intelixencia.

Traxectoria profesional

  • Ingresou na Academia Xeral Militar en setembro de 1962, recibindo o despacho de tenente de Artillería en xullo de 1966. Ocupou distintos destinos, incluíndo o de xefe de Batería, oficial da Plana Maior, e agregado militar adxunto na Embaixada de España en Washington. Posteriormente, pasou destinado á División de Plans do Estado Maior do Exército.
  • Despois de ocupar a xefatura do Grupo de Artillería Autopropulsada XII da División Acorazada, foi destinado como segundo comandante da Misión Militar Española ante o Mando Supremo Aliado en Europa (SACEUR). Como coronel, en xullo de 1997, incorporouse á Dirección Xeral de Defensa do Ministerio de Defensa como xefe da Área OTAN/Unión Europea (UE).
  • Ascendido a xeneral de Brigada, foi nomeado subdirector xeral de Plans e Relacións Internacionais do Ministerio de Defensa. Previamente participou no equipo que elaborou os Acordos de Coordinación entre España e a Alianza Atlántica. Foi parte activa na apertura de relacións bilaterais en materia de defensa entre o Reino de España e máis dunha vintena de países da Europa do leste, o Magreb e Iberoamérica.
  • En maio de 2004, tras o seu ascenso a tenente xeneral, ocupou o cargo de director xeral de política de Defensa.
  • En xuño de 2004 foi nomeado xefe de Estado Maior da Defensa (XEMAD) ascendido á categoría de xeneral de Exército. Durante a súa etapa como XEMAD aprobáronse a directiva de Defensa Nacional, a lei de Defensa Nacional e a lei de tropa e mariñeiría.
  • Finalizado o seu período de catro anos como XEMAD, o 1 de agosto de 2008 foi designado alto representante en materia de Política de Defensa Europea para a presidencia española da UE, con dependencia directa do presidente do Goberno e con rango de secretario de estado. Entre os anos 2004 e 2008 foi conselleiro nato do Consello de Estado.
  • O día 3 de xullo de 2009 foi nomeado Secretario de Estado Director do Centro Nacional de Intelixencia.

Formación

Realizou numeroros cursos superiores nacionais, internacionais e de altos estudos, entre os que destacan:

  • Especialista en Misís HAWK na Escola de Misís en Restone Arsenal, Alabama (EE.UU.)
  • Estado Maior do Exército, en Madrid.
  • Avanzado de Artillería na Escola de Artillería de Fort Sill, Oklahoma (EE.UU.)
  • Colexio da Defensa OTAN (NADEFCOL) en Roma.
  • Estudos Internacionais no Instituto de Cuestións Internacionais e Política Exterior (INCIPE) de Madrid.
  • Alta Xestión e Administración de Recursos no Centro Superior de Estudos da Defensa Nacional (CESEDEN) en Madrid.

Condecoracións

Está en posesión de numerosas condecoracións e distincións militares e académicas, nacionais e internacionais, entre elas:

  • Gran Cruz de San Hermenegildo.
  • Cruz ó Mérito Militar, Naval e Aeronáutico.
  • Cruz Mérito da Garda Civil e Cruz ó Mérito Policial.
  • Medalla de Servizos Meritorios do Exército de Terra e Lexión de Mérito (EE.UU).
  • Comendador da Lexión de Honra (Francia).
  • Gran Cordón de Wissam Al Askari (Marrocos).
  • Cabaleiro da Orde de Gedyminas (Lituania)
  • Orde do Mérito Militar (Nicaragua).
  • Cruz do Mérito Militar (Bulgaria).
  • Medalla de Ouro de Castilla-La Mancha.
  • Cruz de Honor de la Orden de San Raimundo de Peñafort.

Distincións

  • Doutor “Honoris Causa” pola Universidade “Alfonso X El Sabio” de Madrid, sendo o primeiro xeneral do Exército español en obter esta alta distinción académica.
  • Guardia Civil Honorario.

Secretario de Estado Director

 

 Félix Sanz Roldán

 

 

 


Zona de pie de página

Ir ao Validador de nivel AA de accesibilidade. Ábrese nunha fiestra nova